orientAcción
Dámosvos a benvida ao blog do Departamento de Orientación do IES de Chapela. Un espazo web que se presenta coma unha xanela aberta a toda a comunidade educativa onde se ofrecen recursos relacionados coa orientación educativa e con outros temas educativos de interese. Para acceder ás publicacións podes empregar os enlaces dos contidos da barra de navegación ou bucar un contido a través do apartado "etiquetas", clasificados por temáticas máis amplas.
Departamento de Orientación - IES de Chapela
1 de outubro de 2024
A Educación Secundaria. Guia para familias
17 de marzo de 2022
Rede de Escolas de Arte e superiores de deseño de Galicia (EASD)
Nos últimos anos estamos presenciando un aumento no interese e necesidade de poñer en valor as Artes.
Dende a EASD nos facilitan esta guía completa pra coñecer a Rede de Escolas galegas: coñecer as catro escolas galegas, a súa oferta educativa así como o acceso a ditas ensinazas.
A continuación vos deixamos a guía completa
14 de xaneiro de 2021
Programa Integrado de Emprego - Redondela
Coñeces o Programa Integrado de Emprego da Asociación de Empresarias e Emepresarios de Redondela?
E un proxecto dirixido a un colectivo de 100 persoas desempregadas para a mellora da ocupabilidade e insercción laboral.
O obxectivo é que as persoas usuarias atopen emprego e para alcanzar este obxectivo pomos ao alcance das persoas beneficiarias unha serie de servizos que se definen no programa de acompañamento ás persoas usuarias.
Podes anotarte e consultar toda a información a través do enlace da seguinte imaxe: