9 de agosto de 2020

Becas do Ministerio para estudos no curso 2020-21

 Podes socilitar unha beca se te matriculaches ou te vas a matricular no curso 2020-21 nalguns dos seguintes niveis:

  • Bacharelato
  • Formación Profesional Básica
  • Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas, en Escolas oficiais (incluída a modalidade a distancia)
  • Ensinanzas deportivas
  • Outras.
O prazo para presentar a túa solicitude vai dende o 9 de agosto ao 1 de outubro de 2020.

Todo o proceso de solicitude da beca realizarase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) neste enlace. O proceso é o seguinte:

1º) Rexístrarte: necesitas un usuario e unha contrasinal.
2º) Rechea o formulario online. Neste paso non se te pedirá que aportes documentación xa que as unidades encargadas de tramitar a túa beca consultarán todos os datos necesarios. So en determinados supostos se te pedirá que aportes algún documento.

Para saber máis accede ao portal de becas do Ministerio aquí.

+ E se aínda te quedan dúbidas, podes consultar á unidade de becas que te corresponda.

20 de xullo de 2020

Proceso de admisión á Universidade

Na web de FUTUROS ESTUDANTES da UDC podes atopar toda a información relativa ás ABAU, á PREINSCRIPCIÓN e á aplicación NERTA no seguinte enlace:

https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/graos/admision/index.html#1

Figuran os prazos e, o que se consideramos moi útil, un vídeo explicativo do procedemento para facer a preinscripción en NERTA, pantalla a pantalla.  

Este curso, trae cambios moi importantes no proceso de acceso e admisión na Universidade, e non só de datas. Na convocatoria ordinaria, a preinscripción está aberta dende o 14 (para alumnado de fóra de Galicia ou co acceso de cursos anteriores) ata o 28 de xullo. O prazo ordinario comprende do 20 ao 28 de xulo.

primeiro listado de alumnado admitido será publicado  o martes 11 de agosto e o noveno e derradeiro listado publicarase o venres 16 de outubro. Os prazos de matrícula en liña, será de dous días hábiles. Nese prazo debes matricularte ou confirmar o interese en seguir nas listaxes da CIUG, de non confirmalo, decaerán nos seus dereitos e se te quitará da lista. Para formalizar a matrícula debdes facelo na propia páxina web da Universidade correspondente (xa non dende Nerta).

29 de maio de 2020

Videos dos Encontros Virtuais das Universidades galegas

Durante este corentena, as tres universidades galegas organizaron diferentes Encontros Virtuais co fin de achegarlle ao futuro alumnado información sobre a vida universitaria e os diferentes graos que se poden estudar. Uns encontros nos que se puido interactuar con alumnado universitario, organizáronse retos e moitas outras actividades.

Se queres volver a revivilos, agora podes acceder a parte  desas experiencias e información a través dos videos que se gravaron e que están dispoñibles nos seguintes enlaces.


Universidade de Vigo (UVigo)

A través da súa conte UVigoTV podes acceder aos videos das diferentes titulacións, así como atopar outro contido
de interese como futuro alumnado universitario. Accede aquí



Universidade de Santiago de Compostela (USC)

A través do programa "A Ponte entre ensino Medio e a USC" podes acceder a videos e contidos das diferentes titulacións agrupadas por ramas de coñecemento. Accede aquí





Universidade de A Coruña (UDC)

A terceira universidade galega ofrece tamén videos e información sobre os seus graos repartidos nos seus dous campus universitarios (A Coruña e Ferrol). A oferta dos graos está agrupada por ramas do coñecemento. Accede aquí.

25 de maio de 2020

Novas datas probas acceso Grao Medio e Superior

Acaba de facerse público a resolución coas novas datas para a proba de acceso a ciclos de grao medio e superior.
O 29 de maio pubícanse os centros nos que terán lugar as probas. Para seguir toda a información actualizada podes acceder aquí.

A continuación podes ver o calendario coas datas a ter en conta:

20 de maio de 2020

Guía Express "Escolle o teu propio camiño"

Todas as persoas tomamos decisións constnatemente. ë un proceso que facemos de maneira automática, sen decatarnos dos pasos que imos dando. Para toma de decisións vocacionais, en relación a que estudos farei e que camiños dentro do sistema educativo escollerei para chegar ao meu obxectivo, tamén segue un proceso que se divide en tres partes:
  • Autocoñecemento
  • Coñece o sistema educativo e as súas saídas profesionais
  • Toma de decisión final
Para axudarte neste proceso te ofrecemos esta guía express con enlaces directos aos recursos básicos e que se complementa coa Guía completa "Escolle o teu camiño" que podes consultar aquí.

18 de maio de 2020

ABAU 2020 - Convocatoria ordinaria (xullo)

A CIUG ven de publicar información actualizada sobre a proba da ABAU que este ano con motivo do covid-19 está véndose afectada polas circunstancias que nos rodean. Neste resumo podedes atopar a información principal tanto de prazos e matrículas como de normas de funcionamento xerais.

Seguiremos publicando e informándovos das novidades no blogue. Para calquera dúbida ou consulta podedes consultarnos por email ao Departamento de orientación.


Guía de Estudos Superiores 2020-21

Un ano máis  o xornal La Voz de Galicia publica a Guía de Estudos Superiores para o curso 2020-21. Unha guía fácil, práctica e nesta ocasión moi visual con información detallada e actualizada dos estudos que se poderán cursar en Galicia agrupados por ramas de coñecementos.


13 de maio de 2020

O Diccionario das profesións

Á hora de tomar a decisón de que estudos realizar, ademáis do autocoñecemento e de saber as posibilidades que ofrece o sistema educativo. é moi importante coñecer as profesións que desempeñaremos no futuro unha vez rematada a nosa formación académica.

Coñeces en que consiste ser, por exemplo, axente de igualdade e xénero? Que competencias profesionais se desempeñan? En que actividades laborais traballan? coñeces os estudos que te capacitan para este traballo?

Para coñecer esta e outra moitísimas profesións, Educaweb ofrece este completísimo diccionario onde podes explorar 22 campos profesionais dentro dos cales podes ver as profesións relacionadas. Accede ao diccionario aquí.




11 de maio de 2020

Que debemos saber sobre "FORNITE"?

Quen non escoitou falar a estas alturas do Fornite? Pero realmente coñecemos ben este videoxogo, o seu contido e como se organiza para que se convertira nun dos xogos de maior éxito entre a mocidade e persoas adultas?
Para isto compartimos unha infografía con todos os detalles que como familia e mesmo usuarias e usuarios de Fornite debemos saber.



30 de abril de 2020

Guia ABAU e acceso á Universidade 2020

Este 26 de abril a orientadora Mónica Diz Besada publicou esta Guía con información actualizada sobre a ABAU e o acceso a universidade este ano 2020 que queremos compartir con vos. Agradecer unha vez máis a Mónica polo seu traballo.

Esta guía complementa as novas informacións que se van publicando dende o Ministerio e a CIUG, como foi a publicación dos modelos de exames da ABAU que poder ver aquí.

Sabemos que son días de moita incerteza. Dende este Blogue iremos publicando todas as novidades que vaiamos tendo e relación á ABAU e o acceso á universidade. Moito ánimo!