Amosando publicacións coa etiqueta Orientación Académica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Orientación Académica. Amosar todas as publicacións

9 de agosto de 2020

Becas do Ministerio para estudos no curso 2020-21

 Podes socilitar unha beca se te matriculaches ou te vas a matricular no curso 2020-21 nalguns dos seguintes niveis:

  • Bacharelato
  • Formación Profesional Básica
  • Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas, en Escolas oficiais (incluída a modalidade a distancia)
  • Ensinanzas deportivas
  • Outras.
O prazo para presentar a túa solicitude vai dende o 9 de agosto ao 1 de outubro de 2020.

Todo o proceso de solicitude da beca realizarase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) neste enlace. O proceso é o seguinte:

1º) Rexístrarte: necesitas un usuario e unha contrasinal.
2º) Rechea o formulario online. Neste paso non se te pedirá que aportes documentación xa que as unidades encargadas de tramitar a túa beca consultarán todos os datos necesarios. So en determinados supostos se te pedirá que aportes algún documento.

Para saber máis accede ao portal de becas do Ministerio aquí.

+ E se aínda te quedan dúbidas, podes consultar á unidade de becas que te corresponda.

20 de xullo de 2020

Proceso de admisión á Universidade

Na web de FUTUROS ESTUDANTES da UDC podes atopar toda a información relativa ás ABAU, á PREINSCRIPCIÓN e á aplicación NERTA no seguinte enlace:

https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/graos/admision/index.html#1

Figuran os prazos e, o que se consideramos moi útil, un vídeo explicativo do procedemento para facer a preinscripción en NERTA, pantalla a pantalla.  

Este curso, trae cambios moi importantes no proceso de acceso e admisión na Universidade, e non só de datas. Na convocatoria ordinaria, a preinscripción está aberta dende o 14 (para alumnado de fóra de Galicia ou co acceso de cursos anteriores) ata o 28 de xullo. O prazo ordinario comprende do 20 ao 28 de xulo.

primeiro listado de alumnado admitido será publicado  o martes 11 de agosto e o noveno e derradeiro listado publicarase o venres 16 de outubro. Os prazos de matrícula en liña, será de dous días hábiles. Nese prazo debes matricularte ou confirmar o interese en seguir nas listaxes da CIUG, de non confirmalo, decaerán nos seus dereitos e se te quitará da lista. Para formalizar a matrícula debdes facelo na propia páxina web da Universidade correspondente (xa non dende Nerta).

29 de maio de 2020

Videos dos Encontros Virtuais das Universidades galegas

Durante este corentena, as tres universidades galegas organizaron diferentes Encontros Virtuais co fin de achegarlle ao futuro alumnado información sobre a vida universitaria e os diferentes graos que se poden estudar. Uns encontros nos que se puido interactuar con alumnado universitario, organizáronse retos e moitas outras actividades.

Se queres volver a revivilos, agora podes acceder a parte  desas experiencias e información a través dos videos que se gravaron e que están dispoñibles nos seguintes enlaces.


Universidade de Vigo (UVigo)

A través da súa conte UVigoTV podes acceder aos videos das diferentes titulacións, así como atopar outro contido
de interese como futuro alumnado universitario. Accede aquí



Universidade de Santiago de Compostela (USC)

A través do programa "A Ponte entre ensino Medio e a USC" podes acceder a videos e contidos das diferentes titulacións agrupadas por ramas de coñecemento. Accede aquí





Universidade de A Coruña (UDC)

A terceira universidade galega ofrece tamén videos e información sobre os seus graos repartidos nos seus dous campus universitarios (A Coruña e Ferrol). A oferta dos graos está agrupada por ramas do coñecemento. Accede aquí.

25 de maio de 2020

Novas datas probas acceso Grao Medio e Superior

Acaba de facerse público a resolución coas novas datas para a proba de acceso a ciclos de grao medio e superior.
O 29 de maio pubícanse os centros nos que terán lugar as probas. Para seguir toda a información actualizada podes acceder aquí.

A continuación podes ver o calendario coas datas a ter en conta:

20 de maio de 2020

Guía Express "Escolle o teu propio camiño"

Todas as persoas tomamos decisións constnatemente. ë un proceso que facemos de maneira automática, sen decatarnos dos pasos que imos dando. Para toma de decisións vocacionais, en relación a que estudos farei e que camiños dentro do sistema educativo escollerei para chegar ao meu obxectivo, tamén segue un proceso que se divide en tres partes:
  • Autocoñecemento
  • Coñece o sistema educativo e as súas saídas profesionais
  • Toma de decisión final
Para axudarte neste proceso te ofrecemos esta guía express con enlaces directos aos recursos básicos e que se complementa coa Guía completa "Escolle o teu camiño" que podes consultar aquí.

18 de maio de 2020

ABAU 2020 - Convocatoria ordinaria (xullo)

A CIUG ven de publicar información actualizada sobre a proba da ABAU que este ano con motivo do covid-19 está véndose afectada polas circunstancias que nos rodean. Neste resumo podedes atopar a información principal tanto de prazos e matrículas como de normas de funcionamento xerais.

Seguiremos publicando e informándovos das novidades no blogue. Para calquera dúbida ou consulta podedes consultarnos por email ao Departamento de orientación.


Guía de Estudos Superiores 2020-21

Un ano máis  o xornal La Voz de Galicia publica a Guía de Estudos Superiores para o curso 2020-21. Unha guía fácil, práctica e nesta ocasión moi visual con información detallada e actualizada dos estudos que se poderán cursar en Galicia agrupados por ramas de coñecementos.


13 de maio de 2020

O Diccionario das profesións

Á hora de tomar a decisón de que estudos realizar, ademáis do autocoñecemento e de saber as posibilidades que ofrece o sistema educativo. é moi importante coñecer as profesións que desempeñaremos no futuro unha vez rematada a nosa formación académica.

Coñeces en que consiste ser, por exemplo, axente de igualdade e xénero? Que competencias profesionais se desempeñan? En que actividades laborais traballan? coñeces os estudos que te capacitan para este traballo?

Para coñecer esta e outra moitísimas profesións, Educaweb ofrece este completísimo diccionario onde podes explorar 22 campos profesionais dentro dos cales podes ver as profesións relacionadas. Accede ao diccionario aquí.




30 de abril de 2020

Guia ABAU e acceso á Universidade 2020

Este 26 de abril a orientadora Mónica Diz Besada publicou esta Guía con información actualizada sobre a ABAU e o acceso a universidade este ano 2020 que queremos compartir con vos. Agradecer unha vez máis a Mónica polo seu traballo.

Esta guía complementa as novas informacións que se van publicando dende o Ministerio e a CIUG, como foi a publicación dos modelos de exames da ABAU que poder ver aquí.

Sabemos que son días de moita incerteza. Dende este Blogue iremos publicando todas as novidades que vaiamos tendo e relación á ABAU e o acceso á universidade. Moito ánimo!

28 de abril de 2020

Novidade covid-19: Novos modelos exames ABAU 2020

A CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) acaba de facer público no seu portal os modelos de exame que se seguirán nas probas das ABAU 2020 segundo as disposicións normativas que foron publicándose nestas semanas tras o anuncio od estado de alarma.

Podes acceder aos modelos de exames das diferentes materias aquí ou premendo na imaxe.


22 de abril de 2020

Xornadas de portas abertas virtuais UDC 23 e 24 de abril de 2020

A vida do Futuro Estudante universitario non está entre parénteses, polo que, dende a Universidade da Coruña (UDC) queren acompar no camiño de elección do voso futuro universitario como alumnado, amosándote a súa oferta académica.

O feito de ter limitada a mobilidade, no impide a UDC seguir aportando, xa que a tecnoloxía permite asistir a unhas xornadas de portas abertas sen moverse da casa. É o que propoñen a través das XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, na que os visitantes (estudantes e familiares) coñeceredes por dentro a Universidade e poderedes interactuar coas responsables das titulacións, os vindeiros xoves 23 e venres 24 de abril.

Podes ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos que ofrece a UDC para o vindeiro curso 2020-2021.


Disporedes de:
  • Videoconferencia en directo de cada titulación
  • Vídeos de Centros Universitarios
  • Vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumnado titulado.

Tamén coñeceredes servizos e unidades que vos  facer máis fácil e atractiva a VIDA UNIVERSITARIA: UDC Internacional, residencias públicas, centro de linguas, cultura, deporte, , cooperación e voluntariado, medioambente, UDC saudable, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudantís, emprego...

Na ligazón: https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/ E na aplicación móvil UDC.gal para Android e para IOS


Tamén teredes a vosa disposición dous postos permanentes para guiarvos polas Xornadas: un de Información Xeral e outro no que poderán facer as a consultas relacionadas co Acceso e Admisión na UniversidadeHaberá un apartado especial con obradoiros e retos en vivo, con premios para quen os consiga superar.

Anímate e participa. Coñece a túa futura vida universitaria!


1 de abril de 2020

Encontros virtuais na USC: 6, 7 e 8 de Abril de 2020

Hoxe achegamos unha nova proposta dentro da orientación académica e profesional e da autoorientación, neste caso dende a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago).

A pesar da situación na que nos atopamos, a USC non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os “Encontros Virtuais” orientados a estudantes de secundaria e ás súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

Os “Encontros Virtuais” da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC. Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

A través desta páxina as alumnas e alumnos atoparán:
  • Presentacións das titulacións
  • Obradoiros, Retos, etc.
  • Opinión do propio alumnado da USC sobre a titulación
  • Pílulas relacionadas coas titulacións
  • Concursos
  • Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación: o estudantado terá un enlace para interactuar por videoconferencia coas e cos responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No mesmo enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.
A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) quere ser unha Universidade centrada nas persoas e quere atender as súas inquedanzas, ás súas expectativas, ... e comezar con elas un proxecto vital. 

26 de marzo de 2020

Autoorientarse en tempos do coronavirus

O colectivo orienta creou o #OrientandoDesdeCasa onde comparten numerosos recursos online para que alumando, profesorado e familias podan seguir orientándose dende casa.

Estamos atravesando un momento como sociedade, no que vemos como están a cambiar os modelos educativos presenciais cara entornos virtuais. Un aspecto que ten moito que ver coas competencias  e que como alumnado, familias orientadoras e profesorado nos temos que adaptar e afrontar o retos cos nosos recursos o creando un entorno virtual de aprendizaxe .

Ademais estes días, máis que nunca, estamos observando o valor que ten a vocación na elección de profesións que desempeñan moitas persoas e que no futuro desempeñarán o noso alumnado e as nosas fillas e fillos. Aí vemos ao personal sanitario e non sanitario nos hospitais, o persoal de limpeza, profesionais que se dedican á atención á persoas en situación de dependencia; a importancia do apoio psicolóxico, psicopedagóxico e emocional; a labor das e dos docentes; profesionais que traballan nos ector servizos, e un longo etcétera. Por iso, máis que nunca é importante prestar atención á orientación vocacional que como fin último persegue a autoorientación de toda persoa. Quizais haxa moita xente que tras esta crise terá que reiventarse e transitar de campo profesional. E en todos os casos a autoorientación será clave.

Autorientarse segue o mesmo proceso que a orientación vocacional en secundaria. Podes acceder ao artigo completo do colectivo orienta aqui.

Estes días na casa son momentos ideas para navegar por internet e buscar información sobre o tema. É unha gran oportunidade pero como sempre vos decimos, existen moitos portais e moita información. A selección que compartimos a continuación está realizada con criterio pedagóxico.

Recordade que neste Blog tedes a vosa disposición outros recursos e Guías de Orientación ás que podedes accede aquí.

A continuación vos deixamos o material elaborado polo colectivo orienta, non sen antes agradecer aos editores o seu traballo.



17 de marzo de 2020

Probas de acceso a FP de Grao Medio

#quedanacasa

O alumnado que teña pensado presentarse a proba de acceso á FP de Grao Medio (coñeceremos nova información de prazos cando se remate esta alarma sanitaria) ten unha oportunidade excelente para preparar a proba. Recordade que tedes dispoñibles materiais e exames de convocatorias anteriores que están disponibles nos seguintes enlaces:

Lembrade, a proba consta de tres partes e para superala hai que acadar unha cualificación mínima de 5 como nota media das tres. E para poder facer media hai que sacar un mínimo de 4 en cada unha das partes. Ánimo!
Parte sociolinguística
Organízase en tres probas:
Lingua castelá
Lingua galega
Ciencias sociais
Parte matemática
Organízase nunha única proba:
Matemáticas
Parte científico-técnica
Organízase en dúas probas:
Ciencias da natureza
Tecnoloxía

18 de febreiro de 2020

Guía práctica para a ABAU

Se ao escoitar a palabra ABAU empezas a sentir nervios, inquedanza, ilusións, tensión, ou calquera outra emoción... pode que esta guía sexa unha gran aliada para ti. Nela atoparás claves para afrontar o último tramo deste curso escolar. Unha  ferramenta práctica con consellos e trucos que te poden axudar a acadar o teu obxectivo marcado. Moita sorte!!!

15 de febreiro de 2020

Modalidade de Bacharelato prefrentes de acceso á formación Profesional

A continuación vos presentamos o documento actualizado onde podedes ver que modalidades e materias de bacharelato son preferentes para o acceso a ciclos de grao superior de formaición profesional no caso de que o número de persoas que soliciten o ciclo supere o número de prazas ofertadas.




19 de xaneiro de 2020

Autocoñecemento: cuestionario de habilidades

Cando nos enfrentamos a decisión sobre que estudar ou mesmo que saídas laborais escoller, unha das primeiras cuestións nas que temos que pensar é sobe nos mesmas e mesmos: que me gusta, que se me da ben facer, que cualidades teño, cales son as miñas fortalezas e debilidades, en que podería mellorar, e un longo etcétera. Coñecer isto é clave para relacionalas coas habilidades que esixen as diferentes ensinanzas e profesións relacionadas.

Para isto existen numerosos cuestionarios que nos axudan nesta tarefa a través da reflexión sobre diferentes preguntas. Aquí te presentamos este cuestionario de habilidades que se centra en:

  • Aprender a aprender
  • Autonomía e Iniciativa
  • Habilidades de comunicación
  • Tratamento da nformación e da Comunicación.

Guia interactiva de profesións

Unha das preguntas que máis nos fai o alumnado e as familias á hora de decidir que estudos realizar é a relacionada coas profesións que poderán desempeñar no futuro. Aínda que sabemos que un número elevado destas profesións do futuro aínda non as coñecemso a día de hoxe, si que podemos obter información sobre moitas outras. Para isto o servizo navarro de emprego ofrece unha interesante aplicación interactiva (accede aquí) na que podes atopar unha ficha descriptiva de cada unha das profesións:

  • Os postos de traballo relacionados e o tipo de empresas onde desenvolver a actividade laboral.
  • As funcions que eliza cada profesional.
  • Os coñecementos e compaetencias persoais e profesionais necesarias para desenvolver correctamente estas funcións.
  • Os itinerarios formativos que podes seguir
  • Algúns datos importantes sobre a situación laboral: oferta e demenada (iso si, da Comunidade Foral de Navarra).




15 de xaneiro de 2020

Buscador "A miña profesión"

A través desta aplicación web podes obter moita información sobre as profesións e a súa relación co mundo laboral e formativo.


Podes buscar a profesión por 3 vías: por palabra chave; por familia profesional; ou por grupos ocupacionais.

O instituto Galego de Cualificacións acaba de lanzar a web e aínda está en proceso de construcción, polo que podes atopar algúns campos incompletos.

Podes acceder á web aquí




9 de decembro de 2019

Servizo de ofertas de emprego e formación

Co obxectivo de facilitar o acceso ao mercado laboral, a CEG ofrece ás persoas demandantes de emprego un servizo de recollida e difusión das diferentes ofertas privadas de traballo publicadas na prensa cada semana, así como da oferta pública que sae diariamente nos diferentes diarios oficiais. Este resumo incorpora tamén a oferta formativa existente.


Podes consultar o boletín de oferta de emprego, recollida semanalmente polos técnicos da CEG, aquí.