Amosando publicacións coa etiqueta Guias de interese. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Guias de interese. Amosar todas as publicacións

20 de maio de 2020

Guía Express "Escolle o teu propio camiño"

Todas as persoas tomamos decisións constnatemente. ë un proceso que facemos de maneira automática, sen decatarnos dos pasos que imos dando. Para toma de decisións vocacionais, en relación a que estudos farei e que camiños dentro do sistema educativo escollerei para chegar ao meu obxectivo, tamén segue un proceso que se divide en tres partes:
  • Autocoñecemento
  • Coñece o sistema educativo e as súas saídas profesionais
  • Toma de decisión final
Para axudarte neste proceso te ofrecemos esta guía express con enlaces directos aos recursos básicos e que se complementa coa Guía completa "Escolle o teu camiño" que podes consultar aquí.

18 de maio de 2020

Guía de Estudos Superiores 2020-21

Un ano máis  o xornal La Voz de Galicia publica a Guía de Estudos Superiores para o curso 2020-21. Unha guía fácil, práctica e nesta ocasión moi visual con información detallada e actualizada dos estudos que se poderán cursar en Galicia agrupados por ramas de coñecementos.


11 de maio de 2020

Que debemos saber sobre "FORNITE"?

Quen non escoitou falar a estas alturas do Fornite? Pero realmente coñecemos ben este videoxogo, o seu contido e como se organiza para que se convertira nun dos xogos de maior éxito entre a mocidade e persoas adultas?
Para isto compartimos unha infografía con todos os detalles que como familia e mesmo usuarias e usuarios de Fornite debemos saber.



27 de abril de 2020

Novo recurso: Organízate na teleformación

Despois de 40 días de corentena, tivemos un tempo para adaptarnos aos novos entornos virtuais de aprendizaxe. Para isto dende o departameno elaboramos unha guía visual para axudaros a organizar o estudo neste formato de teleformación que inclúe catro recursos moi útiles:

  • Unha infografía de como organizar as tarefas na teleformación
  • Planificador semanal de tarefas
  • Rexistro para contactar co profesorado
  • Calendario mensual para organizar e planificar as tarefas
 Estes documentos pódelos imprimir directamente ou elaboralos ti seguindo o modelo.



21 de abril de 2020

Decálogo para xestionar o uso das pantallas nos fogares (especial corentena)

Nesta ocasión dende a asociación ERGUETE publican esta guía dirixida a familias onde  atopamos un decálogo con pautas concretas e útiles para o día a día que nos vai a axudar a xestionar mellor o uso que as nosas fillas e fillos fan das pantallas durante esta corentena e que en ocasións pode ser fonte de conflicto na convivencia. Certo é que as pantallas nos manteñen en contacto coas nosas amizades e co mundo pero tamén debemos saber facer un uso responsable e limitado das mesmas.

26 de marzo de 2020

Familias en Acción: Recursos e consellos prácticos para coidar a convivencia e previr conflictos (Fundación Amigó)

Ante esta situación de excepcionalidade, a Fundación Amigó que traballa con familias en temas de convivencia, presentan un proxecto para seguir ofrecendo a súa (tele)axuda nestes momentos cruciais.
O feito de compartir máis tempo en familia pode derivar en conflictos con aquelas persoas coas que convivimos. Facer fronte a este conflictos e evitar situacións son claves. Para isto a Fundación pon a disposición das familias catro ferramentas de prevención:
  • Guías educativas
  • Consultas online co equipo de profesionais, que serán respondidas en menos de 24 horas
  • Videos educativos 
  • Información sobre o Covid-19
Podes acceder á web aquí.

17 de marzo de 2020

Pautas educativas para unha corentena

As situacións excepcionais que se nos presentan ao longo da vida, como esta crise do covid-19 e a situación de corentena a que nos atopamos,fan que teñamos que deseñar e poñer en marchas outras maneiras de organizar o noso día a día.

Manter unha rutina diaria é unha das claves para sobrelevar con éxito esta corentena. Para axudar ao alumando e familias nesta labor compartimos unhas pautas educativas para unha corentena. Podes acceder aquí.

15 de marzo de 2020

Consellos para longos periodos dentro de casa

A situación de confinamento nas casas durante longos periodos de tempo pode ser unha situación nova para a maioría de nos, polo que nos pode xerar situacións, emocións e pensamentos aos que nunca antes nos tivéramos que enfrontar.

Nesta guía atopamos ideas e consellos de protección que nos van a axudar a sobrelvalo de maneira beneficiosa. Podes acceder á guía aquí