Nesta ocasión dende a asociación ERGUETE publican esta guía dirixida a familias onde atopamos un decálogo con pautas concretas e útiles para o día a día que nos vai a axudar a xestionar mellor o uso que as nosas fillas e fillos fan das pantallas durante esta corentena e que en ocasións pode ser fonte de conflicto na convivencia. Certo é que as pantallas nos manteñen en contacto coas nosas amizades e co mundo pero tamén debemos saber facer un uso responsable e limitado das mesmas.
Dámosvos a benvida ao blog do Departamento de Orientación do IES de Chapela. Un espazo web que se presenta coma unha xanela aberta a toda a comunidade educativa onde se ofrecen recursos relacionados coa orientación educativa e con outros temas educativos de interese. Para acceder ás publicacións podes empregar os enlaces dos contidos da barra de navegación ou bucar un contido a través do apartado "etiquetas", clasificados por temáticas máis amplas.
Departamento de Orientación - IES de Chapela
21 de abril de 2020
Decálogo para xestionar o uso das pantallas nos fogares (especial corentena)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario