Hoxe achegamos unha nova proposta dentro da orientación académica e profesional e da autoorientación, neste caso dende a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago).
A pesar da situación na que nos atopamos, a USC non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os “Encontros Virtuais” orientados a estudantes de secundaria e ás súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.
Os “Encontros Virtuais” da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC. Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
- Presentacións das titulacións
- Obradoiros, Retos, etc.
- Opinión do propio alumnado da USC sobre a titulación
- Pílulas relacionadas coas titulacións
- Concursos
- Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación: o estudantado terá un enlace para interactuar por videoconferencia coas e cos responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No mesmo enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.
A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) quere ser unha Universidade centrada nas persoas e quere atender as súas inquedanzas, ás súas expectativas, ... e comezar con elas un proxecto vital.
Ningún comentario:
Publicar un comentario