Amosando publicacións coa etiqueta Acción titorial. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Acción titorial. Amosar todas as publicacións

27 de abril de 2020

Novo recurso: Organízate na teleformación

Despois de 40 días de corentena, tivemos un tempo para adaptarnos aos novos entornos virtuais de aprendizaxe. Para isto dende o departameno elaboramos unha guía visual para axudaros a organizar o estudo neste formato de teleformación que inclúe catro recursos moi útiles:

  • Unha infografía de como organizar as tarefas na teleformación
  • Planificador semanal de tarefas
  • Rexistro para contactar co profesorado
  • Calendario mensual para organizar e planificar as tarefas
 Estes documentos pódelos imprimir directamente ou elaboralos ti seguindo o modelo.



4 de decembro de 2019

Coeducando que é xerundio!

Nesta ocasión, a "Asociació per la Coeducació" nos ofrece unha recopilación moi interesante de recursos educativos para levar a coeducación ás nosas aulas. Recomendamos ver con calma todo o material que ofrece organizado por niveis educativos.

Para acceder á web podes acceder aquí.


25 de outubro de 2019

Aula_Corto: portal de cine para institutos.

Que é Aula Corto?

Un portal web dedicado ao cine e ao audiovisual  e destinado a centros educativos para levar as aulas de Primaria Secundaria e Formación Profesional. Recomendación: deixádevos cautivar polo cine como recurso educativo.

Accede aquí á web.

26 de agosto de 2019

Curtas para educar en valores

As curtametraxes son un recurso didáctico moi interesante á hora de traballar educación en valores e que pola súa brevedade e concisión permiten abordar moitos aspectos nunha breve historia: a solidariedade, o respecto ou o traballo en equipo son valores a potenciar.

Con ganas de aprender

"Aprender Mejor" é un recurso formativo con pequenos videos explicativos para axudar a mellorar o rendemento na túa aprendizaxe con consellos prácticos dende por qué é bo aprender, como usar a axenda diaria ou que facer coas distraccións.

Aprender a estudar, de Raul Martínez

Nesta web dinámica atoparás técnicas para mellora a memoria, concentración e motivación cara as novas aprendizaxes asñi como a elaborar traballos escolares, consellos para as exposicións orais, a preparación de exames, técnicas de lectura e outros aspectos importantes no proceso teu proceso de aprendizaxe.

6 de maio de 2019

Todo sobre técnicas de estudo

Nesta ocación o portal "educaweb" ofrece 16 respostas sobre técnicas de estudo que todo alumnado debría ter en conta á hora de estudar.

Portal de educación intercultural

A aula Intercultual é un portal de educación intercultural que ofrece recursos variados para traballar este contidos co noso alumnado. Na sección "auladecine" atopamos unha amplia filmografía de películas, documentais e películas de animación para abordar a diversidade e interculturalidade a través do cine como recurso didáctico.