Amosando publicacións coa etiqueta Bacharelato. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bacharelato. Amosar todas as publicacións

9 de agosto de 2020

Becas do Ministerio para estudos no curso 2020-21

 Podes socilitar unha beca se te matriculaches ou te vas a matricular no curso 2020-21 nalguns dos seguintes niveis:

  • Bacharelato
  • Formación Profesional Básica
  • Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas, en Escolas oficiais (incluída a modalidade a distancia)
  • Ensinanzas deportivas
  • Outras.
O prazo para presentar a túa solicitude vai dende o 9 de agosto ao 1 de outubro de 2020.

Todo o proceso de solicitude da beca realizarase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) neste enlace. O proceso é o seguinte:

1º) Rexístrarte: necesitas un usuario e unha contrasinal.
2º) Rechea o formulario online. Neste paso non se te pedirá que aportes documentación xa que as unidades encargadas de tramitar a túa beca consultarán todos os datos necesarios. So en determinados supostos se te pedirá que aportes algún documento.

Para saber máis accede ao portal de becas do Ministerio aquí.

+ E se aínda te quedan dúbidas, podes consultar á unidade de becas que te corresponda.

20 de xullo de 2020

Proceso de admisión á Universidade

Na web de FUTUROS ESTUDANTES da UDC podes atopar toda a información relativa ás ABAU, á PREINSCRIPCIÓN e á aplicación NERTA no seguinte enlace:

https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/graos/admision/index.html#1

Figuran os prazos e, o que se consideramos moi útil, un vídeo explicativo do procedemento para facer a preinscripción en NERTA, pantalla a pantalla.  

Este curso, trae cambios moi importantes no proceso de acceso e admisión na Universidade, e non só de datas. Na convocatoria ordinaria, a preinscripción está aberta dende o 14 (para alumnado de fóra de Galicia ou co acceso de cursos anteriores) ata o 28 de xullo. O prazo ordinario comprende do 20 ao 28 de xulo.

primeiro listado de alumnado admitido será publicado  o martes 11 de agosto e o noveno e derradeiro listado publicarase o venres 16 de outubro. Os prazos de matrícula en liña, será de dous días hábiles. Nese prazo debes matricularte ou confirmar o interese en seguir nas listaxes da CIUG, de non confirmalo, decaerán nos seus dereitos e se te quitará da lista. Para formalizar a matrícula debdes facelo na propia páxina web da Universidade correspondente (xa non dende Nerta).

29 de maio de 2020

Videos dos Encontros Virtuais das Universidades galegas

Durante este corentena, as tres universidades galegas organizaron diferentes Encontros Virtuais co fin de achegarlle ao futuro alumnado información sobre a vida universitaria e os diferentes graos que se poden estudar. Uns encontros nos que se puido interactuar con alumnado universitario, organizáronse retos e moitas outras actividades.

Se queres volver a revivilos, agora podes acceder a parte  desas experiencias e información a través dos videos que se gravaron e que están dispoñibles nos seguintes enlaces.


Universidade de Vigo (UVigo)

A través da súa conte UVigoTV podes acceder aos videos das diferentes titulacións, así como atopar outro contido
de interese como futuro alumnado universitario. Accede aquí



Universidade de Santiago de Compostela (USC)

A través do programa "A Ponte entre ensino Medio e a USC" podes acceder a videos e contidos das diferentes titulacións agrupadas por ramas de coñecemento. Accede aquí





Universidade de A Coruña (UDC)

A terceira universidade galega ofrece tamén videos e información sobre os seus graos repartidos nos seus dous campus universitarios (A Coruña e Ferrol). A oferta dos graos está agrupada por ramas do coñecemento. Accede aquí.

20 de maio de 2020

Guía Express "Escolle o teu propio camiño"

Todas as persoas tomamos decisións constnatemente. ë un proceso que facemos de maneira automática, sen decatarnos dos pasos que imos dando. Para toma de decisións vocacionais, en relación a que estudos farei e que camiños dentro do sistema educativo escollerei para chegar ao meu obxectivo, tamén segue un proceso que se divide en tres partes:
  • Autocoñecemento
  • Coñece o sistema educativo e as súas saídas profesionais
  • Toma de decisión final
Para axudarte neste proceso te ofrecemos esta guía express con enlaces directos aos recursos básicos e que se complementa coa Guía completa "Escolle o teu camiño" que podes consultar aquí.

18 de maio de 2020

ABAU 2020 - Convocatoria ordinaria (xullo)

A CIUG ven de publicar información actualizada sobre a proba da ABAU que este ano con motivo do covid-19 está véndose afectada polas circunstancias que nos rodean. Neste resumo podedes atopar a información principal tanto de prazos e matrículas como de normas de funcionamento xerais.

Seguiremos publicando e informándovos das novidades no blogue. Para calquera dúbida ou consulta podedes consultarnos por email ao Departamento de orientación.


Guía de Estudos Superiores 2020-21

Un ano máis  o xornal La Voz de Galicia publica a Guía de Estudos Superiores para o curso 2020-21. Unha guía fácil, práctica e nesta ocasión moi visual con información detallada e actualizada dos estudos que se poderán cursar en Galicia agrupados por ramas de coñecementos.


13 de maio de 2020

O Diccionario das profesións

Á hora de tomar a decisón de que estudos realizar, ademáis do autocoñecemento e de saber as posibilidades que ofrece o sistema educativo. é moi importante coñecer as profesións que desempeñaremos no futuro unha vez rematada a nosa formación académica.

Coñeces en que consiste ser, por exemplo, axente de igualdade e xénero? Que competencias profesionais se desempeñan? En que actividades laborais traballan? coñeces os estudos que te capacitan para este traballo?

Para coñecer esta e outra moitísimas profesións, Educaweb ofrece este completísimo diccionario onde podes explorar 22 campos profesionais dentro dos cales podes ver as profesións relacionadas. Accede ao diccionario aquí.




30 de abril de 2020

Guia ABAU e acceso á Universidade 2020

Este 26 de abril a orientadora Mónica Diz Besada publicou esta Guía con información actualizada sobre a ABAU e o acceso a universidade este ano 2020 que queremos compartir con vos. Agradecer unha vez máis a Mónica polo seu traballo.

Esta guía complementa as novas informacións que se van publicando dende o Ministerio e a CIUG, como foi a publicación dos modelos de exames da ABAU que poder ver aquí.

Sabemos que son días de moita incerteza. Dende este Blogue iremos publicando todas as novidades que vaiamos tendo e relación á ABAU e o acceso á universidade. Moito ánimo!

28 de abril de 2020

Novidade covid-19: Novos modelos exames ABAU 2020

A CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) acaba de facer público no seu portal os modelos de exame que se seguirán nas probas das ABAU 2020 segundo as disposicións normativas que foron publicándose nestas semanas tras o anuncio od estado de alarma.

Podes acceder aos modelos de exames das diferentes materias aquí ou premendo na imaxe.


1 de abril de 2020

Encontros virtuais na USC: 6, 7 e 8 de Abril de 2020

Hoxe achegamos unha nova proposta dentro da orientación académica e profesional e da autoorientación, neste caso dende a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago).

A pesar da situación na que nos atopamos, a USC non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os “Encontros Virtuais” orientados a estudantes de secundaria e ás súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

Os “Encontros Virtuais” da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC. Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

A través desta páxina as alumnas e alumnos atoparán:
  • Presentacións das titulacións
  • Obradoiros, Retos, etc.
  • Opinión do propio alumnado da USC sobre a titulación
  • Pílulas relacionadas coas titulacións
  • Concursos
  • Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación: o estudantado terá un enlace para interactuar por videoconferencia coas e cos responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No mesmo enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.
A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) quere ser unha Universidade centrada nas persoas e quere atender as súas inquedanzas, ás súas expectativas, ... e comezar con elas un proxecto vital. 

18 de febreiro de 2020

Guía práctica para a ABAU

Se ao escoitar a palabra ABAU empezas a sentir nervios, inquedanza, ilusións, tensión, ou calquera outra emoción... pode que esta guía sexa unha gran aliada para ti. Nela atoparás claves para afrontar o último tramo deste curso escolar. Unha  ferramenta práctica con consellos e trucos que te poden axudar a acadar o teu obxectivo marcado. Moita sorte!!!

15 de febreiro de 2020

Modalidade de Bacharelato prefrentes de acceso á formación Profesional

A continuación vos presentamos o documento actualizado onde podedes ver que modalidades e materias de bacharelato son preferentes para o acceso a ciclos de grao superior de formaición profesional no caso de que o número de persoas que soliciten o ciclo supere o número de prazas ofertadas.




19 de xaneiro de 2020

Autocoñecemento: cuestionario de habilidades

Cando nos enfrentamos a decisión sobre que estudar ou mesmo que saídas laborais escoller, unha das primeiras cuestións nas que temos que pensar é sobe nos mesmas e mesmos: que me gusta, que se me da ben facer, que cualidades teño, cales son as miñas fortalezas e debilidades, en que podería mellorar, e un longo etcétera. Coñecer isto é clave para relacionalas coas habilidades que esixen as diferentes ensinanzas e profesións relacionadas.

Para isto existen numerosos cuestionarios que nos axudan nesta tarefa a través da reflexión sobre diferentes preguntas. Aquí te presentamos este cuestionario de habilidades que se centra en:

  • Aprender a aprender
  • Autonomía e Iniciativa
  • Habilidades de comunicación
  • Tratamento da nformación e da Comunicación.

Guia interactiva de profesións

Unha das preguntas que máis nos fai o alumnado e as familias á hora de decidir que estudos realizar é a relacionada coas profesións que poderán desempeñar no futuro. Aínda que sabemos que un número elevado destas profesións do futuro aínda non as coñecemso a día de hoxe, si que podemos obter información sobre moitas outras. Para isto o servizo navarro de emprego ofrece unha interesante aplicación interactiva (accede aquí) na que podes atopar unha ficha descriptiva de cada unha das profesións:

  • Os postos de traballo relacionados e o tipo de empresas onde desenvolver a actividade laboral.
  • As funcions que eliza cada profesional.
  • Os coñecementos e compaetencias persoais e profesionais necesarias para desenvolver correctamente estas funcións.
  • Os itinerarios formativos que podes seguir
  • Algúns datos importantes sobre a situación laboral: oferta e demenada (iso si, da Comunidade Foral de Navarra).




15 de xaneiro de 2020

Buscador "A miña profesión"

A través desta aplicación web podes obter moita información sobre as profesións e a súa relación co mundo laboral e formativo.


Podes buscar a profesión por 3 vías: por palabra chave; por familia profesional; ou por grupos ocupacionais.

O instituto Galego de Cualificacións acaba de lanzar a web e aínda está en proceso de construcción, polo que podes atopar algúns campos incompletos.

Podes acceder á web aquí




3 de decembro de 2019

Cambios importantes ABAU 2020

A CIUG acaba de publicar cambios importantes da ABAU 2020 que debedes coñecer en relación a:
  • Datas dos exames: 9, 10 e 11 de xuño (de martes a xoves) para a convocatoria ordninaria e 7,8 e 9 de xullo de 2020 para a extraordinaria.
  • Resérvase unha franxa de horario para as posibles iniciendias que poidan xurdir.
  • So haberá un único procedemento para a revisión dos exames chamado "Revisión" desaprecendo a diferencia entre ter que elexir se reclamar ou pedir unha segunda corrección.
  • Haberá catro chamamentos para matricularse antes de rematar xullo e realizaranse en 2 días. Despois de rematar cada chamamento, se non se é chamada/o para a matrícula, será preciso reconfirmar o interes de seguir nas listaxes da CIUG   




22 de novembro de 2019

Notas de corte 2019/20

Xa podedes atopar na páxina da CIUG as notas de corte dos diferentes graos do sistema universitario galego. Lembrade que as notas correspóndense coa cualificación da última alumna ou alumno que accedeu ao grao neste curso 2019/20 e que as notas son orientativas. Ánimo e a polo voso obxectivo!



27 de outubro de 2019

Guía "ESCOLLE O TEU PROPIO CAMIÑO"

Dende o departamento de orientación poñemos á disposición de alumando e familias unha guía de orientación como axuda no proceso de toma de decisións sobre o seu futuro académico e profesional. A guía ofrece unha recompilación de recursos para: o autocoñemento; coñecer o sistema educativo e o proceso de toma de decisións.

26 de agosto de 2019

Guia de Estudos Superiores de Galicia - La voz de Galicia

La Voz de Galicia ofrece unha guía de estudos superiores de Galicia na que poder descubrir o que podes estudar ao rematar o Bacharelato.



Utiliza o buscador ou atopa as diferentes titulacións clasificadas polas modalidades e itinerarios de bacharelato (Ciencias sociais, ciencias, humanidades e artes) premendo na seguinte imaxe.