Se ao escoitar a palabra ABAU empezas a sentir nervios, inquedanza, ilusións, tensión, ou calquera outra emoción... pode que esta guía sexa unha gran aliada para ti. Nela atoparás claves para afrontar o último tramo deste curso escolar. Unha ferramenta práctica con consellos e trucos que te poden axudar a acadar o teu obxectivo marcado. Moita sorte!!!
Dámosvos a benvida ao blog do Departamento de Orientación do IES de Chapela. Un espazo web que se presenta coma unha xanela aberta a toda a comunidade educativa onde se ofrecen recursos relacionados coa orientación educativa e con outros temas educativos de interese. Para acceder ás publicacións podes empregar os enlaces dos contidos da barra de navegación ou bucar un contido a través do apartado "etiquetas", clasificados por temáticas máis amplas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario