As situacións excepcionais que se nos presentan ao longo da vida, como esta crise do covid-19 e a situación de corentena a que nos atopamos,fan que teñamos que deseñar e poñer en marchas outras maneiras de organizar o noso día a día.
Manter unha rutina diaria é unha das claves para sobrelevar con éxito esta corentena. Para axudar ao alumando e familias nesta labor compartimos unhas pautas educativas para unha corentena. Podes acceder aquí.
Dámosvos a benvida ao blog do Departamento de Orientación do IES de Chapela. Un espazo web que se presenta coma unha xanela aberta a toda a comunidade educativa onde se ofrecen recursos relacionados coa orientación educativa e con outros temas educativos de interese. Para acceder ás publicacións podes empregar os enlaces dos contidos da barra de navegación ou bucar un contido a través do apartado "etiquetas", clasificados por temáticas máis amplas.
Departamento de Orientación - IES de Chapela
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario